Só 10 novos socios na campaña de abonados do Teucro para a segunda volta
Por Diego Espiño
A campaña de captación de socios que a Sociedade Deportiva Teucro puxo en marcha para a segunda volta de competición resultou ata o momento, segundo o presidente do club Carlos García-Alén, "un auténtico desastre".
Dende que se activou a iniciativa soamente foron 10 as persoas que se fixeron abonadas, todas elas novas altas, deixando a cifra toral de socios do club en 550, toda vez que son case 150 os afeccionados con pase de tempada que non o retiraron no presente curso.
As cifras son preocupantes para a directiva teucrista, que segue pedindo un esforzo aos pontevedreses para que saian ao rescate da institución, "falta un poco de ilusión de la gente, tenemos que tratar de incidir en ello. Con el balonmano que está haciendo el equipo creo que vale la pena ir al pabellón, y además el equipo lo necesita".
Os interesados en retirar o abonamento deben que dirixirse ás oficinas do club situadas no Pavillón Municial, ou chamar ao teléfono 986 851 696.
ABONAMENTOS MEDIA TEMPADA | Prezo |
---|---|
Protector | 150 |
Familiar | 100 |
Peñas | 50 |
Bonificado | 30 |
Estudantes | 25 |
Xuvenil | 15 |
Infantil | 8 |