Poio presenta o I Trofeo Platu de Vela nas clases Standard, Radial e 4.7
Por Diego Espiño
Combarro acollerá o próximo fin de semana, os días 16 e 17, a primeira edición do Trofeo Platu de Vela nas calses Estándar, Radial e 4.7.
A proba, puntuable para o ranking galego, espera a presenza de preto de 60 embarcacións con tripulantes, dende os 14 anos sen límite de idade, chegados de diferentes puntos da Comunidade.
O trofeo, que nace con vocación de continuidade, desenvolverase nas inmediacións do Club Náutico de Combarro sobre un circuíto en forma de trapecio e cunha duración aproximada de 40 minutos por regata.