O Campionato Galego de Fútbol-8 decídese en Cuntis
Por Redacción
O campo da Ran, en Cuntis, acollerá o vindeiro sábado 28 de maio unha completa xornada deportiva coas finais do Campionato Galego de Fútbol-8.
Na cita reuniranse un total de 12 equipos, campións das diferentes fases zonais celebradas por toda Galicia.
A competición desenvolverase dividida en tres grupos de catro equipos en función da categoría (prebenxamín, benxamín e alevín), coas semifinais previstas para a xornada matinal e as finais previstas en horario de tarde.
Os equipos clasificados para a fase final son:
- Prebenxamín: Santiago de Compostela, ED Val Miñor, Cristo de la Victoria, Ural CF.
- Benxamín: Victoria CF, RC Celta, CD Areosa, RC Deportivo.
- Alevín: RC Deportivo, Pabellón Ourense CF, RC Celta, CD Lugo.