O Mace Sport apunta ao Campionato do Mundo de Freestyle
Por Redacción
Participar no próximo Campionato do Mundo de Freestyle, en Perú, é o obxectivo do Mace Sport pontevedrés, unha meta que ten ao alcance da man tras os seus bos resultados no Open de Andalucía de taekwondo celebrado en Sevilla.
O Mace Sport situouse na primeira posición do ránking nacional deste modalidade tras os resultados de Yago Pita, Ángel López e Adrián Ventín.
O primeiro deles, Yago Pita, conseguiu o ouro, Ángel López foi prata e Adrián Ventín foi bronce, todos eles na categoría de 12 a 17 anos, colaborando na segunda posición da Selección Galega.
O equipo da Federación Galega foi tamén segundo na modalidade de técnica.
KATYA CALVAR, NO EUROPEO DE COMBATE
Ata Suíza desprazouse Katya Calvar para participar no Campionato de Europa Senior, disputado na localidade de Motreux.
A deportista marinense do Mat's venceu no seu primeiro combate ante a turca Simge Erensayin (4-1), pero cedeu en segunda rolda contra a ucraína Tatiana Tetereviatnykova (1-5).
Katya afrontaba esta competición con problemas físicos ao arrastras molestias nun xemelgo que lle impedían golpear coa perna dereita, o que limitou o seu rendemento.