O Casino Mercantil súmase ao tríatlon
Por Redacción
Aproveitando a celebración na cidade da Copa do Rei e da Raíña de tríatlon e do Campionato de España por Remudas, o Casino Mercantil presentou a que é a súa aposta por este deporte.
O Mercantil crea un novo equipo, o Club Tríatlon Mercantil Pontevedra, que "nace para apoiar e fomentar a base", segundo explicaron os seus responsables.
Polo momento o club está composto por nenos e nenas formados na escola municipal de tríatlon, que xestiona a Federación Galega.
A intención é dar a opción a estes nenos de continuar facendo tríatlon e de paso "ser o club de referencia de todos os que queren probar neste deporte" dando o paso á competición federada, sinalan desde a entidade.