Barro aposta polas carrilanas coa primeira Baixada de Campodeira
Por Redacción
O Concello de Barro acollerá o vindeiro domingo, día 22 de maio, a I Baixada de Carrilanas de Campodeira, proba puntuable para o Campionato Galego da Federación de Deportes de Inercia.
A proba disputarase nun circuíto de 1,7 quilómetros.
Entre as 11:00 e as 12:30 horas realizaranse as verificacións dos vehículos na contorna do Pazo da Crega, en San Antoniño.
Despois, desde as 15:30 horas comezará a competición, na que está previsto realizar unha baixa de adestramento, dúas quendas cronometradas e unha exhibición con final na parroquia de Campodeira.
Os afeccionados poderán gozar do medio cento de carrilanas inscritas.