Sen descanso cara a permanencia
Por Diego Espiño
A Liga Asobal descansa esta fin de semana pola disputa da Final a 4 da Copa do Rei, pero non para a Sociedad Deportiva Teucro na súa meta de lograr a permanencia na máxima categoría.
Quique Domínguez programou sesións de adestramento todos os días, incluída a fin de semana, ata a visita ao Pavillón Municipal do Barcelona o vindeiro mércores 11 de maio, aínda que o obxectivo pasa por "llegar bien al partido de Pamplona", recoñece o técnico en relación ao choque do domingo 15 na cancha do Anaitasuna.
O adestrador teucrista é conciente de que é case imposible facerlle dano ao Barcelona. "Hay que jugarlo pero intentaremos que no nos desgaste demasiado", explica, coñecedor dos importantes partidos que deberá afrontar ata final de liga coa clasificación nun pano pola zona baixa da táboa, ante Cangas a domicilio e Huesca en casa.
Por ese motivo deseñou estes días uns adestramentos "cargando bastante" no aspecto físico buscando unha óptima posta a punto, que incluirán este sábado un partido ante o filial de Autonómica, que á súa vez prepara a súa participación na fase de ascenso a Primeira Nacional.
Todo o plantel traballa a pleno rendemento estes días menos Rial e David Chapela, que no partido de adestramento da pasada semana co filial producíronse senllas escordaduras no nocello. Con todo o seu estado mellorou nos últimos días e non se teme pola súa ausencia nos próximos compromisos ligueiros.
Relacionadas:
-
Quique Domínguez: "Esto se acaba, quedan tres partidos y hay que ganar"
Por Diego Espiño |
-
Goleada sen compaixón do Barcelona sobre o Teucro (25-48)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Misión (case)imposible para o Teucro
Por Diego Espiño |
-
O Concello asumirá o gasto de colocar a pista azul para o Teucro-Barcelona
Por Redacción |
-
A instalación da pista azul, unha dor de cabeza para o Teucro
Por Diego Espiño |
-
Naturhouse impón a lóxica e varre ao Teucro no primeiro tempo (33-26)
Por Redacción |