Problemas respiratorios limitan o rendemento de Lucía Vázquez en Cataluña
Por Redacción
Lucía Vázquez finalizou terceira na Copa Catalá Internacional Vall de Lord, terceira proba do Open de España de BTT na modalidade de cros country olímpico (XCO) despois dunha complicada fin de semana.
A ciclista de Vilaboa acusou problemas respiratorios que lle impediron loitar polo triunfo, pero polo menos agarrouse á terceira praza do podio, que lle outorga importantes puntos na clasificación xeral da competición e tamén lle permite sumar puntos no ránking UCI.
"Despois dunha semana moi difícil, acabar terceira foi un gran logro", sinalou a pontevedresa tras a comeptición.
Rocío Martín (Primaflor Orbea) impúxose con comodidade no circuíto ilerdense, avantaxando en 4 minutos e 37 segundos a Claudia Galicia (Polar) e en pouco máis de seis minutos á vilaboense, que marcou un tempo de 1 hora 26 minutos e 19 segundos.
Agora Lucía Vázquez afrontará un pequeno parón no seu calendario antes de afrontar outro esixente bloque de carreiras a partir a finais de mes, entre as que destacan dúas citas da Copa do Mundo.
Relacionadas:
-
Accidentada estrea de Lucía Vázquez na Copa do Mundo de BTT
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez roza o seu terceiro título en Portugal tras vencer en Fundao
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez volve á actividade para defender o seu liderado en Portugal
Por Redacción |
-
Triunfo en Arnedo para Lucía Vázquez e liderado no Superprestigio MTB
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez ascende ao liderado en Portugal
Por Redacción |
-
Primeira vitoria do ano para Lucía Vázquez ao impoñerse na cita inicial do Superprestigio MTB
Por Redacción |