O Waterpolo Galaico cae na Coruña e xogarase o título no terceiro partido da final
Por Redacción
A final galega de waterpolo decidirase nun cara ou cruz no terceiro e último partido da serie. Será así porque o Waterpolo Galaico non foi capaz de sentenciar a eliminatoria na Coruña, onde chegaba tras impoñerse por penaltis no primeiro choque.
Os pontevedreses acudiron á cidade herculina dispostos a sentenciar pola vía rápida, pero terminaron perdendo por un apertado 10-9 que demostra a igualdade entre os dous equipos.
Os locais arrincaron mellor o partido e tras dominar o primeiro cuarto, parecían romper o choque no segundo parcial, chegando ao descanso cun claro 7-3.
A pesar diso os de Javi de Sáa reaccionaron e nun sobresaliente terceiro cuarto (1-5) conseguiron empatar o partido. Con todo nos minutos finais a precipitación pasou factura ao Galaico, que terminou perdendo cun gol a falta de 16 segundos para o final.
A próxima fin de semana, tamén na Coruña, xogarase o desempate da serie para coñecer ao novo campión da Liga Galega de Primeira División.
CN CORUÑA (10): Orjales, Escuredo, Escuredo, García, Patiño (5), Alba, Abuin (2), García, Sánchez, Martins (3), Iglesias, Blanco, Gato.
CW GALAICO PONTEVEDRA (9): Raúl, Juanjo (1), Manu, Rubén, Aarón (3), Luis, Ángel (1), Andrés (2), Iago, Guille, Bran (2), Pablo, Pablito.
Parciales: 3-2, 4-1, 1-5, 2-1.
Relacionadas:
-
Un mal partido deixa ao Waterpolo Pontevedra sen título galego
Por Redacción |
-
Horizonte 2018 para o Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
Os penaltis sorrín de novo ao Waterpolo Galaico, que toma vantaxe na final galega
Por Redacción |
-
O Waterpolo Galaico cítase na final galega co Natación Coruña
Por Redacción |