O Campus Balonmán Pontevedra aspira a seguir crecendo na súa sétima edición
Por Redacción
Os pavillóns da cidade e a Cidade Infantil Príncipe Felipe serán escenario o próximo mes de xuño do VII Campus Tecnificación Balonmán Pontevedra, unha iniciativa organizada pola Asociación Propóntelo e que aspira a seguir crecendo.
"Estamos con moita ilusión e con ganas", recoñece o director do campus, Pablo Domínguez, que contará co apoio de xogadores e adestradores galegos de equipos da Liga Asobal e División de Honra Prata.
Entre os deportistas e técnicos confirmados polo momento atópanse: Carlos García, capitán do Teucro; Pablo Galán, porteiro do Cisne; Fran Gonzalez, adestrador do AD Carballal; Pablo Lorenzo, segundo adestrador do Academia Octavio; e Quique Dominguez, adestrador do Teucro.
Nesta ocasión o campus conta con 60 prazas para nenos e nenas entre os 9 e os 16 anos.
Ademais das diferentes sesións de adestramento, organizaranse actividades de balonmán praia, saídas lúdicas e saídas deportivas.