O fútbol na Lama derruba muros cara a reinserción
Por Redacción
O deporte se o propón é capaz de todo, como derrubar os muros dun cárcere. Así senten os integrantes do equipo de fútbol do Centro Penal da Lama, que acaba de clasificarse para a final nacional do VII Torneo de Institucións Penais.
Promovido pola Real Federación Española de Fútbol a través do programa "O Fútbol como Autoxestión para a Reinserción de Persoas Privadas de Liberdade", o proxecto recibiu no ano 2014 a medalla de ouro ao Mérito Social Penal polo seu labor cos presos.
A Lama xogará por primeira vez a final nacional, tras quedar o pasado ano ás portas dela, e disputará o título ante o equipo de Murcia II.
O equipo pontevedrés clasificouse para a final tras superar con autoridade (11-0) a Ocaña I. Antes lograra impoñerse na fase galega e superado outra fase zonal en Vilalba ante El Dueso de Cantabria.
O partido polo título nacional disputarase o 9 ou 10 de maio na Cidade do Fútbol de Las Rozas, sede da Federación Española de Fútbol.