O Pontevedra poderá utilizar o campo de fútbol de Outeiro, en Barro
Por Redacción
Co uso do campo de fútbol de Príncipe Felipe o Pontevedra conseguiu, en boa medida, solucionar os problemas de falta de horas e espazo para os adestramentos dos seus equipos, principalmente no que respecta ao primeiro plantel.
Agora o club granate dá un paso máis neste sentido tras asinar un convenio de colaboración co Concello de Barro polo que o primeiro equipo, o filial e conxunto xuvenil poderán adestrar no campo de Outeiro "cando sexa necesario".
Así o explica o Pontevedra tras asinar a presidenta, Lupe Murillo, o acordo co alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, co visto e prace do usuario habitual das instalacións, o Barro CF.
No convenio tamén figura o compromiso que adquire o Pontevedra de promocionar o deporte no municipio veciño con diversas actividades, como a visita de xogadores do primeiro equipo granate aos centros escolares.