Marín repetirá como sede da Semana Abanca
Por Redacción
O Clube de Remo Ría de Marín volverá ser un dos organizadores da Semana Abanca de deportes náuticos, traendo á Ría de Pontevedra un evento premiado o pasado ano como a mellor regata nacional de vela lixeira.
No caso de Marín, a actividade que organizará terá que ver de novo co remo, dentro da serie de regatas que tamén terán parada no Porto, Vigo, A Coruña e Xixón.
A Semana Abanca disputarase do 15 de setembro ao 31 de outubro coa participación de máis dun milleiro de deportistas.
Terá dous ciclos en Vigo. O primeiro organizarao o Club Marítimo de Canido co Club Marítimo de Vigo para a vela xuvenil, junior e senior coas clases Vaurien, 420, Láser e Monotipos J70. Tras Canido será o Liceo Marítimo de Bouzas quen tome a testemuña coa Gadis Laser Extreme e a Regata Navionics-Trofeo Vila de Bouzas. As series de vela chegarán tamén ao Porto co Meeting Internacional de Optimist de Portugal e a Xixón co Metting Internacional de Optimist de España. Pola súa banda na Coruña competirán cruceiros e monotipos baixo a organización do Club Náutico de Sada.
No caso de Marín, a regata terá lugar no último tramo do mes de outubro aínda que faltan por pechar detalles do evento, segundo explican desde a organización.