O balonmán volve ao Municipal ao grande ante "el mejor equipo de la categoría"
Por Diego Espiño
Mes e medio despois volve a División de Honra Prata de balonmán ao Pavillón Municipal dos Deportes coa visita do líder da categoría, o Fútbol Club Barcelona Intersport B (sábado 20:00 horas).
Difícil compromiso para o Teucro ante un conxunto novo pero de gran calidade, como recoñece o adestrador dos azuis Javier Barrios, "todos los partidos son complicados pero este tiene el aliciente de que jugamos contra el mejor equipo de la liga. Tenemos la ilusión de poder repetir lo de la primera vuelta pero esta vez puntuando".
"Ellos no pueden correr, debemos afianzar la defensa y sobre todo no perder balones en ataque"
No primeiro partido de liga o equipo teucrista quedouse ás portas de dar a sorpresa (30-28), unha vitoria que agora esperan conseguir aínda que Barrios é coñecedor da dificultade que supón, "puntuar implica que ellos no pueden correr, debemos afianzar la defensa y sobre todo no perder balones en ataque".
O conxunto pontevedrés arranca a segunda volta distanciado dos postos perigosos e moi preto da zona que daría dereito a disputar a fase de ascenso á Liga Asobal, un obxectivo que de momento prefire evitar o técnico azul, "no debemos hacer pronósticos, sólo ir partido a partido y mantener la línea con la que acabamos la primera vuelta".
Javier Barrios non poderá contar con César Armán, lesionado ata final de tempada, pero é posible que Miguel Sío entre na convocatoria para axudar ao equipo a pesar de estar na recta final da súa recuperación pola fractura dos ósos propio do nariz que sufriu a principios do mes de xaneiro. O resto do equipo está dispoñible para recibir ao Barcelona B.