O liderado da Preferente pasa por Baltar de Arriba
Por Diego Espiño
O Xuventú Sanxenxo ten unha oportunidade de ouro este domingo (17:00 horas) para colocarse líder do grupo sur da Rexional Preferente se consegue derrotar ao primeiro clasificado, Cultural Areas, en Baltar de Arriba.
Un punto separa os dous equipos na táboa despois duns meses de competición con moita igualdade. Por detrás chegan forte ademais Gondomar e Portonovo, motivo abondo para que o técnico amarelo, ÿscar García, non vexa o partido como determinante, "queremos ganar pero no será definitivo, no es una final. Estamos ahí cuatro equipos más Arosa y Ribadumia que pueden llegar así que queda mucho".
O adestrador do Sanxenxo espera un partido atractivo para o espectador e moi emocionante, "intuyo que será un choque abierto y con goles. El Areas tiene unos números en ataque impresionantes pero también encajan bastante, iremos a por ellos porque si te quedas atrás te machacan".
ÿscar García fala do seu próximo rival como un "equipazo con jugadores de Tercera o Segunda B", pero augura batalla grazas ao compromiso dun equipo castigado nas últimas semanas coas lesións. Fiti por sanción e Rubén, con papeiras, son baixa no Xuventú, mentres Diego Blanco e Zalo son dúbida.