O Villalonga apela ao poder de San Pedro nun mes clave
Por Diego Espiño
Dez xornadas leva sen gañar o Villalonga na Terceira División, demasiado para un equipo que quere evitar o descenso á Rexional Preferente. Pero o conxunto que dirixe Jacobo Molina non desespera despois de varios partidos nos que os tres puntos estiveron ao alcance da man.
Os celestes afrontan un mes de febreiro complicado con tres partidos ante rivais da zona alta como Compostela, Rácing de Ferrol e Somozas, e entre os dous primeiros sitúase o choque cun rival directo como o Dorneda.
Un mes que se perfila como crave para os de Sanxenxo porque os tres partidos ante Compostela, este domingo (17:00 horas), Ferrol e Somozas os xogará como local nun San Pedro ao que se agarra o técnico do Villalonga, "en San Pedro nos crecemos. Este domingo ante el Compos será un partido bonito, es uno de los grandes pero creo que tenemos muchas opciones de puntuar".
O problema segundo Molina é manter o bo nivel dalgunhas fases dos partidos durante máis minutos, "empezamos bien, nos ponemos por delante pero hay que ser más constantes. De todas formas el equipo está cada vez más sólido y conjuntado".
Ante os santiagueses Jacobo Molina poderá contar co dianteiro Ramón, ao que finalmente se lle fixo ficha despois de varias semanas adestrando co grupo, aínda que o que máis preocupa é atopar un reforzo para a liña defensiva tras a negativa do Pontevedra a deixar saír a Cristóbal Domínguez, "estamos abriendo el abanico, mirando en la Preferente porque nos hace falta, andamos muy justos".