Sen acordo entre o Pontevedra e Milo Abelleira no segundo dos xuízos polo seu despedimento
Por Diego Espiño
O Xulgado do Social 4 de Pontevedra acolleu este xoves a vista oral do segundo dos xuízos entre o Pontevedra e Milo Abelleira polo despedimento do que fóra adestrador e director deportivo da entidade granate.
Tras pecharse o primeiro deles cun acordo "satisfactorio para ambas as partes", tal e como declararon entón, a segunda das vistas non tivo o mesmo guión.
En total, entre as dúas causas, Abelleira reclamaba ao Pontevedra unha cantidade próxima aos 200.000 euros.
Neste caso, no Xulgado do Social evidenciáronse a diferenza de criterios respecto as cantidades que debía percibir o técnico. En concreto en relación do despacho de billetes das dúas últimas fases de ascenso a Segunda B, das cales Milo defende que por contrato tiña dereito a percibir o 10% do recadado.
Segundo a documentación achegada no proceso, esas cantidades roldarían os 14.000 euros na primeira das fases de ascenso e os 80.000 a pasada tempada, cifras coas que Milo non está confome.
O Pontevedra, pola súa banda, non recoñece a débeda e nin sequera "que tenga derecho a ese porcentaje", explicou a PontevedraViva o avogado do club, Andrés Malvar. De feito sinala que esa claúsula "estaba en su contrato de 2011 como entrenador, no cuando era coordinador de la base", momento no que foi despedido en maio de 2015.
Ademais dos principais implicados, como Milo Abelleira ou a actual presidenta granate, Lupe Murillo, o ex-adestrador propuxo como testemuñas aos ex-presidentes José Manuel Fernández e Mauricio Rodríguez e tamén ao actual capitán do equipo, Adrián Gómez, mentres polo Pontevedra acudiu tamén o conselleiro Enrique Mariño.
O xuízo quedou visto para sentenza.
Relacionadas:
-
Milo Abelleira volve aos bancos para adestrar o Rápido de Bouzas
Por Redacción |
-
Arquivada a denuncia do Pontevedra a José Manuel Fernández e Milo Abelleira por estafa
Por Diego Espiño |
-
O TSXG confirma a sentenza que condena o Pontevedra a pagar a Milo Abelleira máis de 135.000 euros
Por Ramiro Espiño |
-
Contra o líder e os elementos na visita do Racing de Ferrol a Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Risco de suspensión no Pontevedra-Racing de Ferrol
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra recoñece o despedimento improcedente de Milo Abelleira e pacta a súa indemnización
Por Diego Espiño |
-
Pedro Ferreira negocia co Pontevedra para ser o substituto de Milo como coordinador da base
Por Ramiro Espiño |
-
Milo Abelleira, despedido do Pontevedra CF: enterouse a través dun SMS da Seguridade Social
Por Diego Espiño |