O IMD inicia o proceso para renovar aos representantes dos clubs da cidade
Por Redacción
A xunta Reitora do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra (IMD), acordou este xoves iniciar o proceso de renovación das representación dos clubs da cidade.
En concreto, escolleranse tres vocais dos clubs que pasarán a formar parte da Xunta Reitora.
Tras acordar o inicio do proceso, convocarase a próxima semana unha reunión para fixar as bases e o calendario do proceso, explicou a concelleira de Deportes, Anoxs Riveiro.
A renovación de representación dos clubs era unha reivindicación que, desde hai varios meses, vén realizando o Partido Popular, criticando que hai 12 anos que non se produce nun "feito que denota unha total falta de interese do Goberno de Lores pola política deportiva nesta cidade", sinalou Tomás Abeigón.
"Queremos que a Xunta Reitora do IMD sexa o máis democrática, plural e participativa posible", explicou o representante popular no Instituto Municipal de Deportes.
Relacionadas:
-
A renovación dos vogais do IMD, obxecto de 'celebración' para o PP
Por Redacción |
-
O PP propón celebrar anualmente unha gala para premiar os deportistas locais
Por Redacción |
-
A Xunta Reitora extraordinaria do IMD, pendente desde outubro, convocarase a próxima semana
Por Redacción |
-
O IMD aproba subir as subvencións aos clubs que organizan escolas deportivas
Por Redacción |