Un partido que vale dobre para o Peixe Galego
Por Redacción
Quedan nove xornadas para o final da liga regular na LEB Prata e no Peixe Galego, desde a prudencia, empezan a pensar na posibilidade de pelexar polo ascenso directo, algo impensable ao comezo da tempada.
O triunfo na Copa LEB Prata outorga aos de Marín vantaxe de cancha en todas as eliminatorias de play-off sempre que terminen entre os cinco primeiros clasificados. Por iso, o partido do sábado (19:30 horas) na Raña ante o Lucentum, terceiro da táboa, pode supoñer un salto de xigante no primeiro obxectivo 'peixe'.
De gañar, os de Javi Llorente abrirían unha brecha de tres triunfos co sexto clasificado.
Ademais, o cadro 'peixe' parte con vantaxe na loita pola única praza de ascenso directo a LEB Ouro, ao contar cun triunfo sobre o segundo, El Bulevar de Ávila, equipo ao que lle ten gañado o basket average, e dous sobre o resto de perseguidores e aspirantes ao título.
No aspecto puramente deportivo, Javi Llorente conta coa dúbida de Alejandro Navajas para o choque do sábado ante o seu ex-equipo, debido a problemas musculares.
Relacionadas:
-
Marín Peixe Galego esmaga a Fundación Lucentum (81-61) e apunta con paso firme ao ascenso
Por Redacción |
-
Espectacular actuación de Javonte Green na vitoria de Marín Peixe Galego (73-90) sobre Simply Olivar
Por Redacción |
-
O Peixe Galego reforza o posto de base para o tramo final da tempada
Por Redacción |