O Galaico contribúe ao bo papel da selección galega no Nacional Infantil e Junior de natación
Por Redacción
A selección galega de natación realizou unha meritoria actuación no Campionato de España de Natación Infantil e Junior celebrado en Oviedo o fin de semana, deixando boas sensacións o combinado autonómico tras alzarse coa cuarta posición, por detrás de seleccións como Cataluña, Madrid e Andalucía, que formaron o pódium vencedor.
O Club Natación Galaico de Pontevedra achegou catro membros á selección, onde o mellor resultado foi para Águeda Cons, conseguindo o terceiro posto en 800 metros libres. Os demais resultados protagonízanos Cibrán Leal (noveno en 100 metros braza), Juan David Hernández (decimosegunda posición en 100 metros braza) e Daniel Sánchez (décima posición en 100 metros costas, categoría junior).
Tamén en Ponteareas foi activa a participación do Galaico ao estar presentes no Campionato Galego de Natación Máster, con 12 nadadores e 2 adestradoras, conseguindo a décimo terceira posición na clasificación conxunta.
Doutra banda, 23 compoñentes do Tríatlon Motobike Galaico de Pontevedra asistiron en Riveira á proba ‘Nada y Corre’ organizada pola Federación Galega de Tríatlon e o Club Natación Riveira, sendo unha das primeiras probas nas que compiten tras a súa fusión.