Velocidade de cruceiro para o Waterpolo Galaico antes dos play-off
Por Redacción
O Waterpolo Galaico non baixa o ritmo á fronte da clasificación da Liga Galega Absoluta de Primeira División.
A falta de tres xornadas para o final da liga regular, os pontevedreses seguen líderes destacados con 21 puntos despois de vencer con claridade ao Marina Ferrol (18-2) na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
A pesar de acumular fallos en ataque, os pupilos de Javi de Sáa anotaron con facilidade, o que sumado ao notable traballo defensivo non permitiu marcar aos visitantes ata o último cuarto.
O Galaico ten agora seis puntos de vantaxe sobre os seus inmediatos perseguidores, CW Santiago e CN Coruña, equipos aos que aínda debe enfrontarse e ante os que debe asegurar un primeiro posto que lle daría vantaxe de campo no play-off.
WATERPOLO GALAICO (18): Raúl, Rober (3), Manu (1), Rubén (1), Aarón (1), Mauro, Ángel (1), Andrés (5), Juanjo (2), Luis, Bran (3), Pablo, Artai.
CLUB MAREA FERROL (2): Castro, Sanz (1), Pérez, Tellado, Espiñeira, Bonome (1), Ponte, Rey, Pumariño, Uria, Lázaro, Toro, López.
Parciais: 5-0, 3-0, 6-0, 4-2.