Nin as baixas poden co Xuventú Sanxenxo en Mondariz (0-1)
Por Redacción
O Xuventú Sanxenxo mantén a velocidade de cruceiro despois de vencer pola mínima ao Mondariz (0-1) grazas a un solitario gol de Nel ao pouco de comezar o segundo período.
Os amarelos sobrepuxéronse ás baixas e a un encontro difícil e trabado sacando a relucir o oficio dun equipo que se consolida na segunda praza da clasificación.
No tramo final do partido o Mondariz intentou acantoar o Sanxenxo en busca do empate, pero os de ÿscar García souberon sufrir para sumar tres puntos vitais unha semana antes de recibir en Baltar de Arriba ao líder, Cultural de Areas.
MONDARIZ CF (0): Javi, Jesús (Nacho, min. 86), Anxo, Docampo, Jonás, Alfaya, Yago, Noel, Marcos, Hugo Tey, Víctor (Nico, min. 68).
XUVENTÿ SANXENXO (1): Vladimir, Minso, Fiti, Javi, Alfonso, Deivi, Nel (Borja, min. 88), Darío, Curry (Jony, min. 83), Suso, Álex Galdames (Diego Blanco, min 89).
Árbitro: Fernández Lodeiro (Santiago). Amonestou a Jonás, Yago e Nico no Mondariz e a Fiti e Deivi no Sanxenxo.
Gol: 0-1 Nel, min.48.
Incidencias: Partido disputado no Campo Municipal da Lagoa, Mondariz.