Galaico e Concello ultiman os preparativos do Campionato de España Open de Natación
Por Redacción
Alfonso Gallego, presidente do Club Natación Galaico, e Agustín Fernández, concelleiro de Deportes de Pontevedra, empezaron a ultimar os detalles organizativos necesarios para a celebración do Campionato de España de Natación Open 2013, que acollerá a piscina olímpica de Pontemuiños entre o 21 e 24 de marzo.
A instalaión do Complexo Rías do Sur recibirá a preto de 200 nadadores en busca da clasificación para o Mundial de Barcelona, unha cifra que se incrementará ata ao redor de 500 persoas entre adestradores, representantes federativos, árbitros e acompañantes.
Segundo Alfonso Gallego a experiencia acumulada coa celebración de eventos como os campionatos nacionais máster ou de longa distancia acredita perfectamente a capacidade de Pontevedra para asumir un evento destas características.
Entre outros aspectos técnicos a piscina deberá estar dispoñible para todos os nadadores participantes dous días antes do comezo da competición, o 19 de marzo, para realizar os últimos adestramentos.