Derrota con boas sensacións do Teucro no comezo de liga
Por Redacción
A empresa era difícil para o Teucro no inicio ligueiro, vencer na casa do actual campión da Divión de Honra B e favorito para impoñerse de novo esta tempada, o filial do Fútbol Club Barcelona.
Non o conseguiu o conxunto de Javier Barrios, pero vendeu cara a súa derrota (30-28) grazas a un bo labor de equipo conxugado cunha intensa defensa no segundo tempo. Os pontevedreses chegaron a empatar o encontro a falta de só cinco minutos para a conclusión, pero non puideron rematar a faena.
Tomás Moreira con seis tantos e Toño Fernández con cinco foron os máximos goleadores teucristas. O peor do encontro foi a lesión de Didac Villar, que se retirou no minuto 15 por culpa dunha lesión muscular.
F.C.BARCELONA B: José García, José Medina, Figueras Crespo (4), Montoya, Rey Morales, Abel Guizar, García Diéguez (9, 3p), Raimon Balaguer (3), Garcia Vigil (1), García Monolito, Viactor Sáez (5), Miralles (4), Carsal (2), Bengoechea (2)
S.D.TEUCRO: Juan Bar, Armán (2), Toño Fernandez (5), Alejandro Pombo (1), David Chapela (1), Miguel Porto (4), Tomás Moreira (6), José Manuel Rial (4), Didac Villar (1), Borja Fernández (4), Siscu, Sío López
Marcador cada cinco minutos: 1-3, 5-5, 7-9, 10-10, 14-12, 19-14 descanso 21-18, 25-20, 26-23, 27-26, 28-28, 30-28.
Incidencias: Pavillón Joan Gamper, Barcelona