Arosa y Pontevedra B, en busca da zona nobre
Por Redacción
Despois dunha traxectoria irregular nos primeiros partidos de liga, Pontevedra B e Arosa (domingo 16:00 horas na Xunqueira), buscan coller impulso no grupo sur da Rexional Preferente.
O conxunto vilagarciano chega máis necesitado que o seu rival a pesar de derrotar hai unha semana ó Ribadumia en A Lomba polas expectativas de ascenso coas que arrancaba a tempada.
O filial granate, pola súa banda, encara o choque tras empatar o seu último partido en Mondariz.