O Pontevedra B acusa as baixas e cae (0-1) ante un Pontellas en inferioridade dende o minuto 32
Por Redacción
Unha xogada a balón parado decidiu o encontro entre Pontevedra B e Pontellas (0-1) na Xunqueira. O gol de Chuvi no minuto 60 foi suficiente para os visitantes a pesar de xogar en inferioridade dende o minuto 32 pola expulsión de Garea.
O filial granate acusou as ausencias de Yago Vázquez, Cristóbal Domínguez, Collazo, Edu e Javi Pazos, que viaxaron co primeiro equipo a Cangas, e non foi capaz de crear perigo sobre a porta do Pontellas.
Con esta derrota o Pontevedra B acércase de novo aos postos perigosos da clasificación ao ter gañado varios dos rivais da zona baixa. O descenso directo encóntrase agora a só tres puntos para os pupilos de Manu Fernández.
PONTEVEDRA B (0): Adrián, Chicho (Dani Abal, min. 79), Uru, Emilio, Marou, Héctor (Anxo, min. 64), Víctor, Paco (Portu, min. 79), Diego, Pingüi (Otero, min. 64), Marwan.
CD PONTELLAS (1): Solla, José, Garea, Pelón, Diego, Chuvi, Jonás (Isaac, min. 74), Chuly, Zurdo, Comis, Lucas (Samuel, min. 87).
Árbitro: Agustín Hernández (Santiago). Amonestou a Chicho e Uru polo Pontevedra B e a José, Zurdo e Lucas polo Pontellas. O visitante Garea foi expulsado no minuto 32.
Gol: 0-1 Chuvi, min.60.
Incidencias: Partido disputado no campo da Xunqueira. O encontro retrasouse a causa da chuvia.