O Xuventú Sanxenxo tropeza na casa ante o Lalín (2-3)
Por Redacción
Freada do Sanxenxo na casa ante un Lalín que intenta escapar dos postos de descenso e que conseguiu voltear o marcador a pesar de xogar máis de media hora en inferioridade numérica.
Todo parecía de cara para os locais na primeira metade co gol de Cuchi, pero na reanudación empezou o carrusel de tantos do que sacaron partido os visitantes. Rubén Méndez e Dani Méndez puxeron por diante o Lalín e a pesar de que Minso logrou igualar a dous tantos, no minuto 83 de novo Dani Méndez desnivelaba a balanza facendo saltar a sorpresa en Baltar.
A pesar do tropezo os amarelos mantéñense en segunda posición na táboa aínda que empatado co Portonovo e a un punto do Cultural de Areas grazas aos empates de ambos os dous.
XUVENTÿ SANXENXO (2): Darío (Álex, min. 75), Alfonso, Zalo, Javi, Cañi, Minso, Suso, Cuchi (Fiti, min.61), Nel, Curri (Rubén, min. 90).
CD LALÍN (3): Michi, Kevin, Toño, Rubén Méndez, José Ramón, Imanol (Iván, min. 83), Matías (Romero, min. 77), Manu (Ferreiro, min. 85), Matelo, Damián, Dani Méndez.
Árbitro: Quintás Lourenzo (Ourense). Amonestou aos locais Zalo, Cuchi, Nel e Curri e aos visitantes Matelo e Rubén Méndez. Expulsou por dobre tarxeta ao xogador do Lalín Damián (min. 55).
Goles: 1-0 Cuchi, min.32; 1-1 Rubén Méndez, min.61; 1-2 Dani Méndez, min.76; 2-2 Minso, min.81; 2-3 Dani Méndez, min.83.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar de Arriba, Sanxenxo.