Empate na Lomba insuficiente para o Arosa e positivo para o Portonovo (1-1)
Por Redacción
O partido entre Arosa e Portonovo rematou con empate a un tanto, pero ben puedieron ser máis os goles nun encontro vibrante e con moito en xogo na Lomba.
A repartición de puntos non contenta aos dous equipos por igual. Os locais estáncanse a oito puntos dos postos de ascenso e desperdician unha boa ocasión de achegarse aos primeiros clasificados, pero pola súa banda o Portonovo empata a puntos co Sanxenxo na segunda praza e mantén a distancia dun punto co líder grazas aos tropezos de ambos os dous.
Adiantáronse os visitantes na Lomba grazas a un tanto de Álex Cubas na reanudación, pero pouco durou a alegría dos de Ricardo Fernández ao transformar Camiño un penalti por man de César.
Nos minutos finais o Arosa buscou con máis ímpeto a vitoria, máis se cabe tras a expulsión do xogador do Portonovo Iván Renda, pero os visitantes souberon defender un valioso punto que lles serve para manterse na loita.
AROSA SC (1): Jorge Pérez, Juanjo, Borja, Martín, Ríos, Rivas (Comesaña, min. 75), Hugo, Vixo, ÿscar Guimeraens (Eloy Fariña, min. 63), Adrián Camiño, Nando (Pablo Barreiro, min. 89).
PORTONOVO SD (1): Marcos, Caste (Muñiz, min. 64), Bolo (Álex Cubas, min. 46), Iván Renda, César, Suso Bea (Angelillo, min. 69), Suso, Gándara (Martín, min. 79), Víctor, Nacho, Melchor.
Árbitro: Álvarez Calderón (Vigo). Amonestou a Juanjo, Borja, Rivas, ÿscar e Camiño no Arosa e a Caste, Bolo, Víctor, Nacho e Melchor no Portonovo. Expulsou con roxa directa ao visitante Iván Renda (min. 85).
Goles: 0-1 Álex Cubas, min.50; 1-1 Adrián Camiño, de penalti, min.63.
Incidencias: Partido disputado no Estadio da Lomba, Vilagarcía.