Nuno Costa e Leticia Fernández, vencedores da XVII Carreira Festa do Marisco
Por Redacción
Preto de 300 atletas tomaron a saída na XVII edición da Carreira Festa do Marisco, no Grove, suspendida o pasado día 4 de outubro por mal tempo.
Finalmente a proba púidose celebrar este luns 12 na localidade meca, último día da festa gastronómica, aínda que con ausencias entre os inscritos debido ao cambio de data.
A asistencia foi moito maior tendo en conta a participación nas diferentes probas de categorías inferiores.
Na carreira absoluta, o máis rápido en completar os 10.000 metros de percorrido foi Nuno Costa (32:30), seguido de Hassan Lekhili (33:10) e Víctor Riobó (34:07).
Pola súa banda na categoría feminina a vencedora foi Leticia Fernández (38:39), sendo segunda Raquel Suárez (40:00) e terceira Uxía Pérez (41:02).