Bo comezo de tempada para o Club Voleibol Pontevedra
Por Redacción
Mellor estrea imposible para o equipo senior feminino do Club Voleibol Pontevedra.
No seu primeiro partido de liga na Primeira Autonómica, o club pontevedrés logrou un incontestable triunfo ante o Dompa Gestión.
Na pista do Centro Galego de Tecnificación Deportiva o CVP impúxose por tres sets a cero tras dominar con claridade todas e cada unha das mangas.
A primeira pechouna cun resultado de 25-12, a segunda por 25-13 e a terceira de xeito aínda máis contundente cun 25-7.
Desta maneira as pontevedresas son as primeiras líderes da competición, condición que defenderán a próxima fin de semana na cancha do VoleyOurense.