Exitosa incursión de Lucía Vázquez no enduro cun bronce nacional
Por Redacción
Era a súa primeira experiencia no enduro e a proba non puido ser máis positiva.
Lucía Vázquez, especialista de BTT na modalidade de Cros Country Olímpico, finalizou terceira na categoría elite feminina do Campionato de España de enduro, celebrado na localidade pontevedresa do Porriño.
Cunhas condicións meteorolóxicas difíciles, a biker de Vilaboa conseguiu adaptarse á nova bicicleta e a un esixente percorrido de 40 quilómetros cun desnivel acumulado de 1.800 metros
"Foi moi duro, pero gocei moitísimo", asegurou Vázquez, que na clasificación xeral elite marcou un tempo final de 36 minutos e 49 segundos, quedándose a 24 segundos da gañadora Covadonga González (Asturbike) e a 23 segundos da medalla de prata que se adxudicou Eva Garrido (Mérida). A vitoria absoluta foi para a xuvenil Desirée Duarte.
Lucía foi de menos a máis na competición tras sufrir no primeiro tramo, mellorar no segundo e ser a máis rápida no terceiro e cuarto tramo.
"En todo momento fun controlando para non caerme e non facerme dano porque esta semana teño que adestrarme moi duro para loitar pola vitoria final na Taça de Portugal", sinalou a vilaboense, que se centra xa en culminar a súa tempada de BTT o vindeiro domingo na rexión lusa do Alentejo.
Relacionadas:
-
Lucía Vázquez, atropelada durante un adestramento: "¿Ni con este chaleco me veis conductores?"
Por Diego Espiño |
-
Lucía Vázquez logra o seu segundo título en Portugal
Por Redacción |
-
Alentejo, última parada na tempada de Lucía Vázquez
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez pásase ao enduro por unha fin de semana
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez mantén o liderado en Portugal por un só punto
Por Redacción |