O Leganés derrota o Leis Feminino no seu primeiro partido de liga (1-3)
Por Redacción
O Pavillón Municipal dos Deportes foi escenario do debut ligueiro do Leis Pontevedra na Segunda División Feminina de fútbol sala cun esixente compromiso para as locais.
As de Edu Fernández mostraron unha boa imaxe ante un dos favoritos ao ascenso, o Leganés, pero terminaron cedendo por un gol a tres.
Pese a perder, o Leis sacudiuse a presión inicial das madrileñas para golpear primeiro cun gol de Ali aos 6 minutos.
As pontevedresas intentaron resistir ao dominio visitante, pero aos 12 minutos Sheila igualada o marcador e pouco despois as visitantes se adiantaban, aos 15 minutos.
No segundo acto o Leis non desistiu e buscou a igualada, que estivo preto, pero o Leganés sentenciou cunha contra no último minuto de xogo.