O Pontevedra B colle aire co seu primeiro triunfo a domicilio (0-1)
Por Redacción
Con sufrimento, quizais máis do necesario a tenor das ocasións desaproveitadas, pero o Pontevedra B logrou gañar o seu primeiro partido fóra da casa e de paso distanciarse cos postos perigosos da clasificación.
Dous puntos foron determinantes no choque ante o Ponte Ourense (0-1), a expulsión do local Carballo no minuto 27 e o tanto de Diego González no 57.
Despois do gol os granates puideron sentenciar pero non estiveron acertados cara o marco defendido por Edu Sousa. Os de Manu Fernández non pasaron apuros para amarrar os tres puntos e coller aire na súa loita por manter a categoría.
PONTE OURENSE (0): Marcos, Viana, Lamelas, Manu, Thomas, Millán (Schuster, min 84), Quique, Carballo, Adrián (Pucho, min 63), Iván, Fran (Ángel, min 71).
PONTEVEDRA B (1): Edu, Chicho, Uru, Cristóbal, Collazo, Héctor, Marwan (Anxo, min 89), Paco, Diego González (Otero, min 76), Pingüi (Jony, min 70), David Souto.
Árbitro: Correia Caballero (Vigo). Amonestou aos locais Lamelas, Manu, Quique e Fran, e aos visitantes Cristóbal e Héctor. Expulsou con roxa directa ao xogador do Ponte Ourense Carballo, no minuto 27, e a Iván no 90 por dobre amonestación.
Gol: 0-1 Diego González, min.57.
Incidencias: Partido disputado no campo de Oira, Ourense.