Dous goles no desconto condenan ao Villalonga (2-1) fronte ao Bergantiños en Carballo
Por Redacción
Moitos dos espectadores que acudiron a presenciar o partidos entre Bergantiños e Villalonga fóronse para a casa pensando que os locais perderan. Os que abandonaron o campo de As Eiroas equivocáronse e perdéronse unha remontada incrible na que o conxunto local lle daba a volta ao marcador en só tres minutos, do 94 ao 97 nun final absolutamente impensable.
A primeira parte resultou vistosa e entretida cos dous equipos buscando a meta rival, o que propiciou numerosas ocasións de marcar.
Na reanudación, o Villalonga dispuxo dunha grande ocasión para sentenciar o partido cando Roberto Piñeiro marcha dos defensores locais pero non pode coa oposición de Julián e manda o seu remate fóra.
Parecía que o partido estaba rematado pero chegou a loucura. O Bergantiños empata no minuto 94, cun gol de Josiño e en apenas segundos completa a remontada imposible grazas a un penalti transformado tamén polo mesmo Josiño.
BERGANTIÿOS (2): Julián, Sergio, Álex Figueiras, Cardelle, Aarón, Toni (Alberto Fuentes, minuto 63), David García, Chechu (Fernando, minuto 90), Geri, Gonzalo Vilariño, Iván Amor (Josiño, minuto 46).
VILLALONGA C.F. (1): Roberto Pazos, Leo, Marc, Miguel, Tenorio, Nelo (Javi, minuto 90), Fran Matos (Quini, minuto 46), Javi Nogueira, Roberto Piñeiro (Pichi, minuto 61), Machu e Saúl.
Goles: (0-1) Minuto 45: Roberto Piñeiro. (1-1) Minuto 94: Josiño. (2-1) Minuto 97: Josiño, de penalti.
Árbitro: Formoso Doval (Ourense). Amoestou a Aarón, David García e Saúl. Expulsou a Roberto Pazos no minuto 94.
Incidencias: Campo As Eiroas (Carballo). Uns 350 espectadores.