Satisfacción en Sanxenxo polo desenvolvemento da XVI Milla Urbana
Por Diego Torrado
Bo sabor de boca deixou en Sanxenxo a décimo sexta edición da súa Milla Urbana, celebrada o pasado domingo no paseo de Silgar.
Preto de medio milleiro de atletas déronse cita na proba nas súas diferentes categorías, dende as carreiras de menores ata a absoluta.
Na categoría de sénior federada o gañador, por quinto ano consecutivo, foi o marinense Víctor Riobó, cun tempo de 4:30, con dous segundos de vantaxe sobre Robertas Geralavicus e oito sobre Jorge Puig.
En categoría feminina a vencedora foi Leticia Fernández por diante de Sandra Mosquera e Ángela Fernández.
Os cinco primeiros clasificados das categorías absolutas leváronse 500, 250, 125, 75 e 25 euros respectivamente.