A Asobal volve seis anos despois a Pontevedra cun Teucro que avisa: "Venimos para quedarnos"
Por Diego Espiño
Seis anos despois o Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra volve acoller este venres (20:45 horas) un encontro da Liga Asobal de balonmán, co Teucro convencido de que "venimos para quedarnos".
Os azuis reciben ao Balonmán Guadalajara cun plantel que "transmite ganas de jugar y de hacerlo bien" na súa estrea, segundo recoñece Quique Domínguez, pero que é consciente de que "jugamos en Asobal y todas las plantillas son muy completas", engadiu na rolda de prensa previa Carlos García.
Aínda que o toman con precaución "sabemos que las posibilidades de permanencia pasan por hacernos fuertes en casa, por lo que aunque sea el primer partido son dos puntos importantes", sinalou o extremo.
Carlos García: "Las posibilidades de permanencia pasan por hacernos fuertes en casa"
Á cita chegan con problemas físicos varios xogadores teucristas. Víctor Rodríguez e Iván Fernández xa adestran con normalidade e estarán dispoñibles para o técnico, que tamén espera contar con García Pichel, non obstante Samu Gómez é dúbida polos problemas que arrastra no xeonllo.
No bando contrario, o Guadalajara viaxa a Pontevedra coa dúbida de Iker Antonio por lesión.
Quique Domínguez espera que se vexa "un típico primer partido de liga, con nervios e imprecisiones en los primeros minutos" ante un "buen equipo", tal e como definiu a un cadro manchego no que destaca o nome de Hombrados en portaría ou do ex-teucrista Bozalongo.
Dende o club pontevedrés confían que o adianto do partido, para non coincidir con Feira Franca, permita unha boa entrada no Municipal, que permanecerá coas oficinas abertas dende a mañá para facilitar a retirada de carnés de socio.
Os colexiados designados para o encontro son o asturiano Fernández Fernández e o leonés Martín Franco.
Relacionadas:
-
David Chapela conduce o Teucro á vitoria (29-26) sobre o Guadalajara no retorno a Asobal
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Cisne e Teucro xa coñecen os seus rivais para a Copa do Rei
Por Redacción |
-
Frigoríficos Morrazo leva a Copa Galicia derrotando (28-30) o Teucro
Por Redacción |
-
Samuel Gómez e o Teucro, unha negociación que durou "cinco minutos"
Por Diego Espiño |