O Rápido, entre o cansazo e a ilusión de achegarse aos catro primeiros
Por Diego Espiño
Do Pontevedra - Rápido de Bouzas do próximo domingo dependerá en boa medida que se manteñan as aspiracións de granates e vigueses de achegarse ao cuarto posto que ocupa o Deportivo B.
Duelo directo no que podería xogar un papel importante o cansazo acumulado polo Rápido logo de disputar este xoves o encontro de ida dos oitavos de final de Copa Federación en Burgos. Alí Juan Carlos Andrés deu descanso a algún dos seus homes importantes, pero ata seis dos titulares do último compromiso liguero tamén foron da partida no Plantío, onde o equipo vigués caeu por tres goles a dous.
As ganas de xogar en Pasarón e a ambición do Rápido serán con todo, segundo Milo Abelleira, máis determinantes nun equipo moi cambiado con respecto ao da primeira xornada de liga, "no es el que vimos en la primera vuelta, han cambiado 5 o 6 titulares y trajeron gente para atrás y para arriba, futbolistas importantes. Creo que veremos un Rápido agresivo como siempre y combinativo, además llevan mucho tiempo jugando juntos y eso es importante".
O técnico granate cre que unha das claves será manter a concentración defensiva exhibida no último partido ante o filial deportivista, "los jugadores deben concienciarse de que si no concedemos ocasiones, como el pasado domingo, siempre vamos a tener opciones de ganar".
Un hacker informático ataca a web do Rápido de Bouzas e intenta borrala
ATAQUE Á WEB DO RÁPIDO DE BOUZAS
Nas últimas horas da tarde do venres a web oficial do Rápido de Bouzas foi obxectivo dos piratas informáticos. Segundo informa o club vigués na súa páxina "Un hacker con IP en EUA estase divertindo coa nosa páxina web e intentou borrala ao completo. Os sistemas de seguridade funcionaron á perfección e o noso provedor do servidor decidiu desconectar a web esta tarde ante o perigo real que existía dun dano irreparable. O noso técnico con base en Barcelona, logrou convencer o provedor para que nos dese o servizo, pero puidese acontecer que o gamberro cibernético volvera ás andadas e o que provocaría é que a web quedaría suspendida como argumento de protección de datos".
O club segue informando na nota publicada na súa páxina: "Que estea localizado en Estados Unidos non quere dicir que o individuo realmente se encontre alí, pode perfectamente estar en Vigo, e pódese tratar dunha vinganza persoal. Todo isto contámosvolo pois puidese darse o caso que quedásemos sen web durante uns días. Esperemos que o traballo que se está a realizar de reprogramación da web e que o hacker non sexa tan pesado no tema nos permitan fortalecer a seguridade na web e ao mesmo tempo seguir estando informado do que acontece no Club. Manterémosvos informados".