Derrota do Marcón pola mínima ante o Valadares (1-0) no seu primeiro desprazamento
Por Redacción
Primeira derrota da tempada para o Marcón Atlético, tras caer pola mínima no que tamén era o seu primeiro desprazamento do curso, na casa do Valadares.
Os de Carlés cederon ademais pola vía rápida, cun gol do local Mintegui no primeiro minuto de partido.
Malia que intentaron reaccionar, os pontevedreses gozaron de poucas ocasións de gol e non puideron refacerse do golpe inicial.
Este resultado deixa o Marcón na decimotercerra praza da clasificación de Preferente con tres puntos antes de recibir, a próxima fin de semana, o Céltiga no Carrasco.