O Arosa remonta por dúas veces para rabuñar un valioso punto ao Deportivo B (2-2) en Abegondo
Por Redacción
Nun dos escenarios máis complicados da categoría, o Arosa presentou as súas credenciais aos postos de honra ante outro dos máximos favoritos como o Deportivo B. Os de Piscis, ademais, fixérono ao grande, conseguindo repoñerse por dúas veces a un marcador adverso para rematar empatando.
O filial deportivista adiantouse en dúas ocasións cos goles de Alex Corredera e Iago. Non obstante, Eloy Fariña, primeiro, e Rivas, no desconto, lograron un punto moi valioso para os de Piscis.
Despois dun primeiro tempo con ocasións para ambos os dous equipos e un Deportivo B tratando de manter a posesión do balón, fronte ao Arosa que se mostraba moi serio defensivamente, a 10 minutos do final do descanso, Alfonso comete unha falta a dous metros da área que foi executada por Alex Corredera cun gran disparo puxo por diante aos seus.
Na segunda metade os de Piscis saíron mellor que os locais e crearon a primeira ocasión clara de perigo aos seis minutos da reanudación. Cabanyes abre á banda para Sylla, este centra ao primeiro pau para que Hugo Soto remate, pero o seu disparo foise lambendo o pau.
Piscis quería máis mordente en ataque e cambiou o sistema para acabar xogando con 4-4-2. Cabanyes foi o sacrificado e deu entrada a un Dani Bea que revolucionou o partido. No minuto 64 chegaba o empate. Falta parva de Manú a escasos metros da área, Adrián Camiño saca rápido para Eloy Fariña que bate a Anxo cun disparo cruzado.
Tras o gol chegaron os mellores minutos dos de Piscis, que ademais deu entrada a Rubén Martínez e ao xuvenil Óscar. Hugo Soto tivo nas súas botas o segundo. Tan só uns segundos máis tarde Fran Fandiño armaba a contra e cedía a Rubén Martínez que non foi capaz de ver os seus compañeiros en banda e acabou perdendo o balón.
Pero cando mellor estaba o Arosa o Fabril volvería a adiantarse nun fallo defensivo da zaga arlequinada. Saque en curto dun saque de esquina un home totalmente libre de marca, que pon un gran centro ao segundo pau, onde aparece Iago para poñer de cabeza o 2-1. O Arosa non se rendería e acabaría empatando no desconto tamén cun gol de cabeza de Rivas, facendo xustiza ao xogo duns e outros.
Relacionadas:
-
Vitoria e liderado para o Arosa (0-2) no Barco
Por Redacción |
-
Sylla rescata un punto para o Arosa (1-1) ante o Bergantiños
Por Redacción |
-
Un gol de Sylla dá os tres primeiros puntos ao Arosa (1-0) ante un bo Cerceda
Por Redacción |
-
O Arosa pecha a pretempada cunha derrota en Caldas (1-0)
Por Redacción |
-
Vitoria do Villalonga (2-4) sobre o Arosa en Corón
Por Redacción |
-
Cabanyes convence a Piscis e asina por unha tempada co Arosa
Por Redacción |