Preto de 400 xogadores para a festa da base no balonmán pontevedrés
Por Redacción
Fin de semana de balonmán base en Pontevedra coa disputa do torneo Cidade de Pontevedra, que reune a 13 clubs de Galicia, Portugal e Cataluña.
En total son 31 os equipos inscritos, masculinos e femininos, nunha competición que ten o obxectivo de servir de "preparación para os equipos pero sobre todo unha convivencia" dos xogadores, explicou na súa presentación Nano Martínez.
Catro días de partidos nos pavillóns Municipal, Multiúsos e da Xunqueira, en horario intensivo de 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, salvo este xoves con xornada só de tarde e o domingo, coas finais que pecharán o torneo durante a mañá.
Entre os inscritos, ademais dos equipos pontevedreses (Cisne e Teucro), representantes do resto de Galicia e Portugal, atópase o conxunto cadete do Fútbol Club Barcelona.
O torneo Cidade de Pontevedra dispútase nas categorías infantil, cadete e xuvenil.