Manolo Tomé, último adestrador do Pontevedra CF na Segunda B, marcha adestrar a Ecuador
Por Alejandro Espiño
Foi o último adestrador do Pontevedra CF na Segunda División B. Corría a tempada 2010-2011. Non conseguiu manter ao equipo na categoría de bronce, pero deixou mostras do seu bo facer no banquiño. Agora, case dous anos despois embárcase nunha nova aventura profesional. Pechou a súa fichaxe como adestrador do Club Deportivo El Nacional de Quito, equipo que milita na máxima categoría do fútbol ecuatoriano.
O técnico galego, ex xogador do FC Barcelona, equipo no que militou durante tres tempadas, recibiu esta oferta a través de dúas persoas coas que comparte pasado azulgrana. Trátase de Miquel Corominas e Antonio Olmo. Eles tamén se incorporarán ao cadro técnico do equipo da capital de Ecuador. "Me dijeron si quería irme con ellos y les dije que sí, sin dudarlo", explicou Manolo Tomé a PontevedraViva.
O obxectivo é claro. "Le vamos a dar una vuelta al fútbol del equipo", conta Tomé. Trátase dun conxunto que estivo a piques de descender o ano pasado. Por iso, os seus dirixentes buscan implantar un novo modelo. "Buscamos trasladar allí la filosofía del Barcelona, ya que se trata de un equipo que trabaja con mucha gente joven y que es toda nacida en Ecuador, no tienen permitido fichar extranjeros".
"Los tres vamos con la idea de apostar por un fútbol de toque. Por lo que hemos visto, ellos juegan con mucho balón al pie y poco desmarque", explica Manolo Tomé. "Como vamos a trabajar con gente muy joven, intentaremos enseñarles que se puede jugar de otra manera y, quien sabe, poder darles el empujoncito que necesitan para llegar a jugar en Europa".
"Es todo un regalo", recoñece o técnico de Moaña ao recordar que a oferta para embarcarse nesta aventura chegoulle o día de Noiteboa. E iso que a adaptación non será fácil. O equipo está controlado polo exército ecuatoriano, "hasta el preparador físico es militar", di entre risas. Pero a Tomé preocúpalle especialmente a altitude coa que deberán traballar en Quito, "porque puede condicionar mucho la forma de entrenar".
"Nuestro objetivo será no pasar apuros y hacer equipo para la temporada que viene, ya que la actual comienza a finales de enero y tenemos poco margen"
En todo caso, trátase dun proxecto a medio prazo. Asinaron por tres anos. "Toda la plantilla es gente muy joven y nuestro objetivo será no pasar apuros y hacer equipo para la temporada que viene, ya que la actual comienza a finales de enero y tenemos poco margen". Este ano prefiren, di, "conocer el fútbol de allá y luego ya veremos". Farano a partir desta fin de semana, data prevista para a súa chegada a terras ecuatorianas.
Alí cumprirá 63 anos. Farao o próximo 3 de marzo. Será un fito máis na carreira dun profesional que, como xogador, proclamouse campión de Liga co FC Barcelona en 1974. Como adestrador, Tomé dirixiu a varios equipos de Segunda División B e Terceira División do fútbol español: CD Linares, Talavera, Torredonjimeno, Ponferrada Promesas, CD Ourense, Racing de Ferrol, Caudal, Cultural Leonesa e Pontevedra.
Ademais, foi ollador do FC Barcelona en Galicia durante a época como adestrador azulgrana do holandés Johan Cruyff, co que compartiu vestiario na súa etapa no Camp Nou.