Os mozos do SAPO dan o talle no Campionato Galego Absoluto
Por Redacción
Positivo peche de tempada para o Salvamento Acuático Pontevedra (SAPO) no Campionato Galego Absoluto celebrado na praia coruñesa de Orzán.
Alí, malia acudir cun equipo cheo de baixas, o club pontevedrés finalizou na terceira posición por equipos debido á boa actuación dunha nova xeración de deportistas.
Dos 11 deportistas que acudiron á cita, só tres encóntranse en idade senior. Compitieron na Coruña as júniors Bruna Nyckelle e Carlota Mosquera, as xuvenís Ainhoa Rodríguez e Carmen Campos, os absolutos Sergio Bethencourt, Darío César Doménech, Martín Tenorio e David Bemposta, o júnior Manuel Martínez e os xuvenís Jorge Calvo e Alejandro Peña.
Lograron subir ao podio Martín Tenorio cun terceiro posto na modalidade de Bandeiras, Bruna Nyckelle sendo bronce en Sky e Nadar Surf, David Bemposta ouro en Nadar Surf, prata en Oceanman e bronce en Sky e Alejandro Peña bronce en Nadar Surf.
Ademais nas probas de relevos os rapaces colgáronse o ouro e tamén un bronce en dúos e as rapazas do SAPO conseguiron o bronce.
O club pontevedrés quixo dedicar estes resultados á familia Jorge Bautista, deportista do SAPO falecido recentemente e polo que se gardou un respectuoso minutos de silencio antes de iniciar o Campionato Galego.