Arxil e Cortegada empezarán con derbi a Liga Feminina 2
Por Redacción
Despois de varias semanas de incerteza, a Federación Española de Baloncesto fixo público o calendario de competición para a Liga Feminina 2, na que militarán un ano máis Club Baloncesto Arxil e AD Cortegada.
A liga arrancará o día 3 de outubro e farao cun derbi entre ambos os dous equipos, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, mentres a primeira xornada da segunda volta en Vilagarcía se fixou para o 16 de xaneiro.
Tras ese encontro o Arxil xogará o seu primeiro partido a domicilio ante o León Cuna del Parlamentarismo mientra o Cortegada recibirá en Fontecarmoa na segunda xornada ao GDKO Ibaizábal.
A competición regular concluirá despois de 26 xornadas cun partido na casa para as pontevedresas, ante Araski, e en Vigo para o Cortegada, ante o Celta. Será o día 16 de abril.
Consulta aquí o calendario completo da Liga Feminina 2.
Relacionadas:
-
O Arxil ponse o obxectivo de chegar aos 400 socios
Por Redacción |
-
A xamaicana Yanique Gordon é a pívot elixida polo Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil renova a todo o seu corpo técnico
Por Redacción |
-
Ana Martín e Sandra Entenza renovan o seu compromiso co Arxil
Por Redacción |
-
A portuguesa Rosinha Rosario, primeiro reforzo para o Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil inscríbese en Liga Feminina 2 e renuncia á posibilidade de ascenso
Por Redacción |