Álex Bernández, medalla de bronce co C-4 no Mundial Xuvenil de piragüismo
Por Redacción
O deportista do Piragüismo Poio Álex Bernárdez subiu ao podio do Campionato do Mundo Xuvenil e sub-23 na última xornada de competición.
En Montemor O Velho (Portugal), Bernárdez foi bronce cos seus compañeiros do C-4 500 metros xuvenil, Rubén Fernández (Náutoco Rías Baixas), Alfonso Domínguez (Kayak Tudense) e David Barreiro (Náutico Rodeira) nunha final caracterizada pola igualdade, coas catro primeiras embarcacións separadas por menos dun segundo e medio.
Ademais Álex Bernárdez foi sétimo na final C-1 200 metros.
Pola súa banda o seu compañeiro de equipo Adrián Sieiro viuse prexudicado por unha mala saída e rematou quinto na final do C-1 200 de categoría sub-23.
Tamén participou na última xornada o pontevedrés Iago Monteagudo (Club Naval Pontevedra), sendo terceiro na final B do K-4 1.000 xuvenil, e Jenifer Casal (Ciudadde Potevedra), sétima na final B do C-1 200 sub-23.
Entre o resto de galegos destacou durante o Mundial Roi Rodríguez (Kayak Tudense), logrando senllas medallas de ouro en K-1 1.000 e e K-4 1.000 sub-23.