O pontevedrés Damián González roza as medallas no Europeo de piragüismo maratón
Por Redacción
A punto estivo de chegar a primeira medalla para os piragüistas pontevedreses no Campionato de Europa de maratón que se está a disputar na localidade de Bohinj (Eslovenia). O pontevedrés Damián González quedou ás portas de subir ao podio tras quedar en cuarta posición na proba de C-1 sub-23.
Damián González, padexeiro do club Verducido Pontillón, entrou en liña de meta en cuarta praza, tras completar unha gran proba. Parou o crono en 1h57:26.77 e quedouse a tan só a minuto e medio da medalla de bronce, que foi para o español Carlos Vega.
Este sábado, o campo de regatas esloveno estará reservado para as probas da modalidade de barco individual, onde parte como favorito o padexeiro Iván Alonso, do Kaiak Tudense, en K-1.
Pero as esperanzas pontevedresas estarán postas, especialmente, na xornada do domingo. Óscar Graña e Ramón Ferro buscarán a súa terceira medalla de ouro consecutiva nun Europeo na modalidade de C-2, tendo como un dos seus principais rivais a Tono Campos (Breogán do Grove) xunto ao seu compañeiro José Manuel Sánchez (Ría de Betanzos).
Pola súa banda, Álvaro Fernández Fiuza (Covadonga) tamén pelexará polos postos de podio no K-2 xunto ao asturiano Walter Bouzán, tendo como uns dos seus principais rivais á parella composta polo tudense Iván Alonso e o zamorano Emilio Merchán.
Relacionadas:
-
Tono Campos, subcampión do Mundo de piragüismo maratón en Hungría
Por Redacción |
-
Os piragüistas pontevedreses, a polo Mundial de Maratón en Hungría
Por Redacción |
-
Chuvia de medallas para os padexeiros pontevedreses no Nacional de piragüismo na pista de Verducido
Por Redacción |
-
Óscar Graña e Ramón Ferro, prata no Europeo de piragüismo maratón; Fiuza, bronce
Por Redacción |
-
Os piragüistas pontevedreses, ao asalto do Campionato de Europa de Maratón en Eslovenia
Por Redacción |
-
De Pontevedra a Eslovenia para tomar o relevo do Europeo de piragüismo maratón de 2016
Por Redacción |