Tres fichaxes confirmadas nun Marcón que quere dar un paso adiante
Por Diego Espiño
O Marcón Atlético non quere esperar ata última hora para pechar o plantel que competirá por segunda tempada consecutiva na Rexional Preferente.
Con Carlés de novo ao mando da parcela deportiva, o club pontevedrés confirmou nos últimos días a continuidade de gran parte do equipo e tamén pechou tres novas incorporacións co obxectivo de dar un paso adiante que lle permita non pasar apuros para lograr la permanencia.
Trátase de Dani Adán, defensa procedente o filial do Pontevedra, Jorge Almirón, centrocampista ofensivo que chega dende o Marín, e Berto, dianteiro que o último ano defendeu a elástica do Portonovo.
Ademais desta lista Carlés recoñeceu ter moi avanzadas as xestións cun mediocentro e un dianteiro, ademais de estar en contactos cun gardameta.
No capítulo de renovacións, 15 son os futbolistas que seguen: Joaquín, Racha, Iago, Iván, Marcos, Sapi, Martín, Arturo, Bolo, Héctor, Baptiste, Álvaro, Valiñas, Steve e Aarón.
Se se pechan con éxitos as xestións abertas nestes momentos e chegan dous ou tres xogadores máis ao club do Carrasco, o plantel daríase case por pechado, toda vez que Carlés quere contar con 23 futbolistas que lle permitan afrontar a tempada con garantías.
Ademais este ano o primeiro equipo non poderá botar man do filial, que non sairá a competir, polo que en caso de necesitar reforzos de casa a metade de liga habería que mirar directamente o equipo xuvenil.