O Galaico, mellor club do Campionato Galego Open de Natación
Por Redacción
Profeta na súa terra foi o Club Natación Galaico tras asinar unha brillante actuación no Campionato Galego de Natación Absoluto e Júnior de Verán, celebrado durante a fin de semana na piscina olímpica de Pontemuiños.
O pontevedrés foi o mellor club do campionato en ambas as dúas categorías na clasificación conxunta.
Na absoluta o Galaico rematou con 907 polos 891,5 do Pabellón Ourense e os 720 do Fluvial de Lugo, cimentando o seu gran resultado nun claro triunfo en categoría feminina e un terceiro posto na masculina.
Na competición júnior o club pontevedrés repetiu título autonómico (588 puntos) por diante de Pallón Ourense (480) e Portamiña de Lugo (364,5)
Tras tres días de competición os trofeos Paula Carballido aos nadadores que realizaron a mellor marca do campionato foron para Laura Pimentel (Pabellón Ourense) e Marcos García (CN Ferrol).