Carlos Alonso e Yago Iglesias poñen fin á súa odisea logrando saír de Arabia Saudita
Por Diego Espiño
O pesadelo vivido os últimos días por Carlos Alonso e Yago Iglesias chega ao seu fin. O fisioterapeuta e o preparador físico, que coincidiron no Pontevedra CF como fisioterapeuta do primeiro equipo e como segundo adestrador do filial respectivamente, lograron saír de Arabia Saudita tras estar retidos no país os últimos días por problemas de visado.
Ambos profesionais pertencían ata hai só uns días a un dos equipos de fútbol máis importantes de Oriente Medio, o Al-Ittihad, como integrantes do seu corpo técnico. Levaban cinco meses no país sen aparentes problemas, pero ao intentar volver a España para pasar o Nadal atopáronse que o seu visado levaba dous meses caducado por culpa unha serie de erros e trámites mal feitos polo clube.
O irmán de Carlos Alonso, Miguel, confirmou en Twitter que iniciaron a viaxe de regreso a España. Chegarán a Vigo minutos antes do mediodía deste xoves día 3 procedentes de París e logo de facer escala en Dubai.
La última noticia es que @carlosalonso78 y @yago_iglesias están volando hacia Dubai. SI NADA SE COMPLICA, estarán en casa mañana a medio día
Miguel Alonso (@AlonsoCMiguel) enero 2, 2013
A situación de Carlos e Yago provocou que moitos ex-compañeiros e amigos mobilizáronse nas redes sociais buscando dar difusión ao caso. Futbolistas cos que coincidiron no seu paso polo Pontevedra CF como o actual dianteiro do Almería Charles, o seu primo Igor de Souza ou os defensas Alejandro Vázquez e Sergio Castaño, ademais do actual adestrador do equipo sub-19 do Al-Ittihad e ex técnico do Juventud Cambados, Ángel Oliveira, foron algúns dos casos máis rechamantes.
#quevuelvan @carlosalonso78 @yago_iglesias.Por favor pido a mis seguidores que difundan este mensaje.Mis amigos están retenidos en A.Saudi
Charles Dias 9 (@Charlesbrau9) enero 1, 2013
@carlosalonso78y @yago_iglesias estan retenidos an Arabia Saudí #quevuelvan
Alejandro Vázquez (@vazquipa) enero 1, 2013
#quevuelvan @carlosalonso78 @yago_iglesias víctimas de una kafkiana incompetencia.
J. Ángel V. Oliveira (@jovazol) enero 1, 2013
As autoridades de Arabia Saudita negábanlles a saída do país ao considerar que estaban alí ilegalmente por non ter formalizado o seu contrato de traballo. Ante estes problemas ambos decidiron o pasado día 28 rescindir o seu contrato co Al-Ittihad e conseguir un visado de urxencia para ser "expulsados", unha vía que ata agora tampouco lles deu resultado. Curiosamente os dous profesionais viaxaron coa expedición do equipo a varios partidos da Champions League asiática nos últimos meses sen atoparse problemas para saír ou entrar do país.