Victoria a domicilio do Arosa (1-3) sobre o Pontellas para pechar a primeira volta ligueira
Por Redacción
Importante vitoria do Arosa (1-3) a domicilio sobre o Pontellas, en partido adiantado á xornada coa que se pecha a primeira volta ligueira, e que serve aos arlequinados para manter as súas opcións de achegarse aos primeiros postos, situándose a só catro puntos do segundo clasificado, a expensas do que suceda na tarde de Reyes.
Non foi bo o xogo despregado no primeiro período. Os propietarios do terreo adiantáronse no marcador cun gol de Jonás, de cabeza á saída dun corner, despois de que Adrián Camiño non acertase ante a meta local, nun man a man co porteiro Solla, que resolveu cun disparo desviado. A pesar diso, o Arosa lograría nivelar de novo o marcador antes do descanso, tamén nunha acción a balón parado rematada por Nando.
Con igualdade total o partido rompe no minuto 10 da reanudación, cando o árbitro mostra a segunda amarela ao xogador local José. En inferioridade, o adestrador do Pontellas arrisca deixando unha defensa de tres e o Arosa, con rápidas contras sentenciou e mesmo puido obter unha goleada maior. Primeiro chegou o empate, obra de Comesaña, que peitea de cabeza un excelente centro dende a dereita á base do poste, e despois cun remate de Hugo á escuadra, culminando unha grande acción colectiva de todo o equipo.
Tras o terceiro gol arlequinado o Pontellas entregouse e o Arosa logrou un novo tanto, por medio de Eloy, que non subiría ao marcador ao estimar o árbitro fóra de xogo previo.
C.D. PONTELLAS: Solla, José, Garea (Johnny, minuto 69), Berto, Diego Blanco (Pelón minuto 84), Chuvi, Jonás (Samuel, minuto 58), Chuly (Javi, minuto 34), Zurdo, Comis e Pablo.
AROUSA S.C.: Jorge Pérez, Juanjo, Borja, Martín, Ríos, Vixo, Hugo, Jorge Comesaña, ÿscar Guimerans (Liños, minuto 87), Adrián Camiño (Pablo Barreiro, minuto 89) e Nando (Eloy, minuto 75).
Árbitro: Yago Garitoanaindia, auxiliado nas bandas por Mella Fernández e Domínguez Manteiga (A Coruña). Expulsou por dobre amoestación o xogador local José (minuto 55). Amoestou a Pablo, Comis, Diego, Garea, Jorge Pérez, Borja, Vixo e Jorge Comesaña.
GOLES: (1-0) Minuto 26: Jonás. (1-1) Minuto 43: Nando. (1-2) Minuto 67: Jorge Comesaña. (1-3) Minuto 81: Hugo.
Incidencias: Campo de San Campio. Uns 200 espectadores. Partido adiantado á xornada 19 que se completará o domingo de Reyes.