Javier Gómez Noya renuncia a competir nas Series Mundiais de Londres
Por Redacción
Aproveitando a súa presenza en Vigo, nun acto onde se deron a coñecer os detalles do Desafío Illas Cíes, Javier Gómez Noya confirmou que descansará na próxima cita das Series Mundiais de tríatlon, en Londres.
O campión mundial aproveita así a tranquilidade que lle dá o triunfo en Yokohama que o consolidou no liderado da competición.
De feito Gómez Noya, que ten previsto volver o 18 de xullo en Hamburgo, ten moitas opcións de continuar líder pase o que pase na carreira británica nunha clasificación que comanda con 3.507 puntos polos 2.958 de Mario Mola e os 2.685 de Fernando Alarza.
En todo caso o descanso prográmase pensando nos dous meses que restan ata Hamburgo coa intención de afrontar a recta final do mundial en plenitude de condicións, sabedor de que a Gran Final de Chicago resultará clave ao repartir máis puntos que as probas regulares.
As Series Mundiais de triatlón encóntranse no ecuador da competición ao terse celebrado cinco das dez carreiras previstas no calendario.
Relacionadas:
-
Javier Gómez Noya encabeza a inscrición do Campionato de España de Tríatlon Sprint en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya triunfa en Yokohama tras impoñerse a Alistair Brownlee nun emocionante sprint
Por Diego Espiño |
-
Liderado das Series Mundiais para Gómez Noya tras ser segundo Sudáfrica con gran debut de Pablo Dapena
Por Diego Espiño |